A morte na aldea

Na mañanciña serea
as campás batendo a morte...

Pola noite andivo a Morte
cos seus dentes regañados
facendo sega coa fouce.

Unha flor murchou pra sempre.
Un talo caiu no suco.
Unha fontela segouse...

¡Pola noite andivo a Morte!
Cadela ceibada contra A Vida.
¿pon onde choutou, por onde?

Na mañanciña serea
as campás batendo a morto...
Na terra unha vida menos.
Unha tumba máis no adro.
No ceo un novo luceiro.


Carne da terra
Dora Vázquez (1913-2010), no recordo, amiga e veciña benquerida.




Fotografía de Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares