Musa queiroguenta

Pra arredala do seu huraño
debalde foi que se xuntase o medo
coa imponente mudez do ermo penedo
coa queixa vaga do armonioso pino.

A musa queiroguenta que me asiste
da rixidez dos montes está ó cabo,
i ama a flor mareliña, porque é triste,
i a presencia do toxo porque é bravo...

¿Mellor que a lus phebea? ¡Ceio torvo!
¿Antes que o pintasilgo? ¡Negro corvo!
Entre seixos e auguiña que ela bebe...

Son breñosos os cimbros donde inverna,
i é unha moza descalza de pé a perna
trepando cardos, encarando a neve!




Antonio Noriega Varela



Fotografía de © Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares