Valdeorras
Miña noiva,
Miña terra:
Á beira do Sil deitada,
para ollar a túa beleza
do mesmo xeito que a Venus
do espello, nel se cotempra.
Terra de combas tan doces
coma os peitos dunha nena
e de recendente arume
como o alento dunha deusa.
Verde mantelo de vidros
cobre o teu corpo de femia
lanzal e morada cofia
amostras na nobre testa.
...
Florencio Delgado Gurriarán
Fotografías de ©Roque Soto
Comentarios