Xa ves
Xa ves
que imos avanzando
cumprindo este camiño
non o sei
xa ves.
xa ves
que imos recordando
crecendo cara ao ocaso
non o sei
xa ves.
Xa ves
que pálidas palabras
pérdense na noite
sen achar solución.
Xa ves
que fomos xurdindo
de incertas duras voces
de desespero.
Recórdame
como unha árbore batida
como un paxaro ferido
como un home sen máis;
recórdame
como un verán ido
como un lobo canso
como un home sen máis.
Xa ves
que fomos gretando
os muros mantidos
non o sei
xa ves.
Xa ves
que estamos a botar de menos
uns nenos perdidos
non o sei,
xa ves.
Xa ves
que voces diferentes
crúzanse na alba
buscando a verdade.
Xa ves
que fomos ponte ferida
de abrazos detidos
por ver a liberdade.
En recordo de José Antonio Labordeta (1935-2010)
Cazadores de sonos e Loita de xigantes. Fotografías de Emilio Blanco.
Comentarios