Compás de versos
Non volverei a vivir o que vivín
pero tampouco quedarei sen pegadas.
Non é va a vida aínda que nada perdure;
sempre queda a pedra fóra da canteira.
Levantáronme caricias amasadas:
Adobes de arxila alcanzable
mesturada con palla dunha boa colleita.
Os meus escascarelados son descoidos;
estou ben arraigada ao que amo.
Non me derrubará o silencio.
Milagros Morales García
Comentarios