Outros enfoques

Ao falar da historia gráfica do rock, non se pode esquecer a figura de Henry Diltz (Kansas City, 1938), un home polifacético que coñece a fondo o eido da música popular, pois a comezos da década de 1960 formaba parta do grupo Modern Folk Quarter, pero esa é outra historia, pois Diltz sabe estar no momento axeitado para captar o que acontece nun escenario ou na vida dun músico. Catro décadas e miles de imaxes testemúñano, así como portadas de discos e libros que levan as pegadas do artista estadounidense.


Eu mesmo, declárome seguidor do veterano fotógrafo. E como mosta do seu talento e bo gusto, pódense ver algunhas instantáneas de xente que esta moi vencellada coa músic rock, mesmo moita dela forman parte da mitoloxía que arrodea ese xénero musical. Aí están dende ese moteiro universal que foi Dennis Hooper, no filme Easy Rider, ao grupo británico The Clash, pasando por outros recoñecidos personaxes dos que Diltz soubo sacar en cada momento a súa verdadeira cara faciana que non se afasta para nada da que podemos ter calquera de nós, anónimos humanos.








Comentarios

Publicacións populares