Postais galegas


Nun tempo de apocaliptismo no caso da cultura libresca, parto unha lanza a favor dun proxecto feito realidade en Galicia fai xa máis de 60 anos. Trátase de Editorial Galaxia, en cuxo haber hai miles de obras, moitas delas imprescindibles para entender Galicia e as súas xentes.


No meu caso úneme á citada editorial un recordo entrañable daquelas portadas de fai xa 40 anos que chamaban a miña atención, moitas delas felizmente recuperadas para a miña biblioteca, libros continuamente revisitados, escritos por paisanos e ilustrados por artistas que cumpriron de sobra o seu labor. Vaia para todos eles un grato recordo, e longa vida a Galaxia.






Comentarios

Publicacións populares