2 de abril
O xabarín estrelece a trepadoira co seu súpeto bravexar, rola o fieito polo carrelo da serpe; nas outas ponlas, rompe en salgueiros de luz o meridía.
Soña a fraga na soidade da terra o amor desenleado de toda servidume. Velahí, -paresce decir a paisaxe na mañán pura- a vida sin misturas que asombrecen, sin angurias. Velahí o pensamento dos deuses cando crearon a inocencia da vida.
Follas de vagar
Eduardo Moreiras
Fotografía de Roque Soto
Comentarios