Outros enfoques

Un nome de sona dentro do fotoxornalismo do século XX é o da axencia Magnum que comezou a súa andaina en 1947, ano da posguerra no que pervivían tódalas miserias humanas que traen consigo as guerras, sinsentidos que reviven neste teceiro milenio e que, como sempre, entre os máis perxudicados aparece a poboación infantil. Un dos fotoxornalista que lle deu pulo as imaxes comprometidas coa liberdade, foi David Seymour (1911-1956) que coa súa cámara captou as máis variadas instantáneas da convulsa Europa desde a década de 1930, entre outras a da guerra civil española.

Seymor soubo afondar na vida cotidiana da poboación civil e transmitir os desastres que causan as guerras entre a xente. Como mostra dese traballo aparecen neste post tres fotografías feitas en Italia e Polonia, imaxes que por desgracia seguen vixentes en determinados lugares da terra neste terceiro milenio.

Comentarios

Publicacións populares