O ESPELLO DO SOL


Unha parede anuncia outra parede

Unha parede anuncia outra parede
e a sua sombra protéxeme da miña medoñenta.
Ouh torre do meu amor arredor do meu amor.
Tódalas paredes desfiaban en branco derredor do meu silencio.
Ti, que protexes ti? Ceo insensibel e puro
estremecéndote abrígasme. A luz en releve
sobor do ceo que non é o espello do sol.
As estrelas do día entre as follas verdes.
A lembranza de aqueles que falaban sin saber,
donos da miña febleza, eu estou no seu canto
con ollos de amor e mans fideles en demasía
para despoboar un mundo, do que xa vou ausente.


A Giorgio Chirico
Paul  Eluard
Fotografía de Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares