Manequíns
Figuras de museo de cera, as miñas queridas doncelas -comezaba- manequíns de feira, si; pero aínda baixo esta forma, vos gardade de tratalos por riba. A materia non chancea. Sempre está imbuída dunha seriedade tráxica. Quen se atrevería a pensar que se pode xogar con ela, que lla pode moldear por broma, sen que esta chanza non penetre, non se incruste nela como unha fatalidade? Presentides a dor, o sufrimento escuro e prisioneiro dese ídolo que non sabe por que é o que é nin por que debe permanecer nese molde imposto e paródico? Comprendedes a potencia da expresión, da forma, da aparencia, a arbitraria tiranía coa que se botan sobre un madeiro indefenso e o dominan coma se convertesen á súa alma, unha alma autoritaria e altiva? Dades a unha cabeza de tea e estopa unha expresión de cólera e deixádela con esa cólera, esa convulsión, esa tensión; deixádela encerrada nunha maldade cega que non consegue achar saída. O vulgo ri desta parodia. Pero vós mellor chorade, señoritas, pola vosa propia sorte, reflectida nesta materia prisioneira, oprimida, que non sabe que é nin por que, nin onde conduce esta actitude que se lle impuxo para sempre...
A rúa dos crocodilos
Bruno Schulz
Fotografía de Roque Soto
Comentarios