Beira, voltei o sul...
Beira, voltei ao sul. Ando entre varadoiros,
impregnado de brea, de fariña de peixe,
xunto a esgotos e ludros que corrompen espumas:
os xogos compartidos polos nenos dourados,
agora relucindo nunhas illas remotas.
O óxido dos barcos reborda dos peiraos,
pero a luz, máis intensa que aquela que te cobre,
simula novas rotas e marca un novo cénit
para un home varado no fondal dunha cunca.
Beira, voltei ao sul. Axiña cumprirei
tódolos anos, tódalas horas. Entrementres
a carne se disipa, como alcohol, no mar,
paque que non a alcance co seu rumor escuro.
Beira Norte
Xavier Rodríguez Baixeras
Fotografía de Roque Soto
Comentarios