Tatuaxe

El veu nun barco de nome estranxeiro,
encontreino no porto un anoitecer
cando o branco faro sobre os veleiros
o seu bico de prata deixaba caer.
Era fermoso e louro como a cervexa;
o peito tatuado cun corazón.
Na súa voz amarga había a tristura,
doente e cansa, do acordeón.
E entre dúas copas de augardente
sobre o manchado mostrador
el foi contándome entre dentes
a vella historia do seu amor:

Mira o meu brazo tatüado
con este nome de muller.
É o recordo do pasado
que nunca máis ha de volver.
Ela quíxome, e esqueceume,
en cambio, eu non a esquecín,
e para sempre vou marcado
con este nome de muller.

El foise unha tarde con rumbo ignorado
no mesmo barco que o trouxo a min,
pero entre os meus labios deixouse esquecido
un bico de amante que eu lle pedín.
Errante búscoo por todos os portos;
aos mariñeiros pregunto por el,
e ninguén me di se está vivo ou morto
e sigo na miña dúbida, buscándoo fiel.
E vou sangrando lentamente,
de mostrador en mostrador,
ante unha copa de augardente
onde se afoga a miña dor.

Mira o teu nome tatüado
na caricia da miña pel,
a lume lento marqueino
e para sempre irei con el.
Quizais xa ti me esqueciches,
en cambio, eu non te esquecín,
e ata que non te encontre
sen descansar buscareite.

Escóitame, mariñeiro,
e dime: que sabes del?
Era gallardo e fachendoso,
e era máis doce que o mel.
Mira o seu nome de estranxeiro
escrito aquí, sobre a miña pel.

Se te o encontras, mariñeiro,
dille que eu morro por el.


Rafael de León



Fotografía de Roque Soto









Dedicado a Walter

Comentarios

Publicacións populares