As follas mortas

Oh! De verdade, espero que recordes
aqueles días nos que eramos amigos.
Naqueles momentos a vida era máis bela
e o sol brillaba mais que agora.
As follas secas amontóanse no anciño.
Como ves, non esquecín...
As follas secas no anciño amontóanse,
como o fan os recordos e queixumes,
e o vento do norte carréxaos
ao esquecemento da noite fria.

Como ves, non esquecín
a canción que solias cantarme.
É unha canción que nos asemella.
Amábasme e amábate
e ambos vivimos xuntos.
Amábasme e amábate.
Pero a vida separa a aqueles que se aman,
suavemente, sen facer ruído,
e o mar borra da area
as pisadas dos amantes separados.
As follas secas amontóanse no anciño
como o fan os recordos e queixumes,
pero o meu amor, silencioso e fiel,
sempre sonrie e esta agradecido para sempre.

Ámote tanto, eras tan bela
como queres que che esqueza?
Naqueles momentos a vida era máis bela
e o sol brillaba máis que agora.
Eras a meu doce amiga.
Pero eu só lamenteime.
E a canción que adoitabas cantar,
Sempre, sempre a escoito!




Jacques Prévert


Fotografía de Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares