Forasteiro

Pra o poeta e amigo Carballo Calero

"Canto terror
levamos os homes".

Só estás, nista cidade
coa que non tes soñado endexamáis.

Relembras os teus sinos,
cuios sons
fuxiron xa dos teus ouvidos.

Paseias lentamente
e con ninguén podes
trocar o teu sorriso.

Ollas pra ise edificio
sen nais nas fiestras.

Tes medo ós arrabás.

Ti sabes que alí as bandeiras
están abatidas i esfarrapadas.

Coñeces que esiste
unha hora solitaria
coroada por un silenzo de morte.

Ti sabes que todos os días
hai un home morto
que ninguén coñece aínda,
en cuia ollada derradeira
ficóu
unha praza valeira
descoñecida pra il.


Sombra do aire na herba
Luis Pimentel


Fotografía de Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares