A Patria

Arredor do lume da lareira
soaban as gaitas galegas,
danzaban as lapas,
brincaban as moxenas!


A fala

Arrinquei as letras invasoras que mandaban e mancaban
botei fóra do recinto sagrado as palabras pervertidas,
os signos impuros, invasores, impostores,
expulsei do camposanto a lembranza da ignominia.
Que descansen en paz galega
os meus defuntos violentados!
Que recobren xa a súa alma verdadeira
para sempre!


Prenderei a lareira
Vicente Reboleiro


Fotografías de Roque Soto




Comentarios

Publicacións populares