Vento sobre a nogueira
No sur de Lugo, hai moitos castiñeiros
Lémbrome do carballo polo que gateaba
Mais cando estou so venme a cachola
a cóxega do vento que fan as polas da nogueira
Era moi novo, non tiña moitas cousas
As riquezas estaban por vir ¿que máis se lle pode pedir a vida?
Mais síntome o rei do conto cada vez que comeza
a zoar o vento sobre a nogueira
É moi difícil cispar dun verdadeiro problema
Nunha cidade lonxana que non sinto
Mais todo vai a mellor cando escoito
zoar o vento sobre a nogueira
que me leva a miña casa, dame a vida o vento sobre a nogueira
Miña versión de Hickory Wind, peza de Gram Parsons
Fotografías de © Roque Soto
Comentarios