BOSQUE AFÓNICO

Abriríanse as chairas para que eu mirase

Abriríanse as chairas para que eu mirase
que eu puidese contemplar
bosque afónico e seca
páramo de augas colmadas de sombra
expansións de cereais doentes

O relente tinxe as linguas de fertilidade e avanza
dilata gorxas onde gorecen vermes

así tamén a combustión interna dos corvos

a calor interna das casas

impregnada de néboas


Cero
Oriana Méndez
Fotografías de Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares