Ás veces, en outubro, é o que pasa
Cando nada sucede,
e o verán foise,
e as follas comezan a caer das árbores,
e o frío oxida o bordo dos ríos
e fai máis lento o curso das augas;
cando o ceo parece un mar violento,
e os paxaros cambian de paisaxe,
e as palabras óense cada vez máis afastadas,
como murmurios que dispersa o vento;
entón,
xa se sabe,
é o que pasa:
esas follas, os paxaros, as nubes,
as palabras dispersas e os ríos,
énchennos de inquietude subitamente
e de desesperanza.
Non busquedes o motivo nos vosos corazóns.
Tan só é o que dixen:
o que pasa.
101+190=120
poemas
Ángel González
Fotografía de Roque Soto
Comentarios