CADA FOLLA UNHA PENA

Mais ve que o meu corazón

Mais ve que o meu corazón
é unha rosa de cen follas,
í é cada folla unha pena
que vive apegada noutra.

Quita unha, quita dúas,
penas me quedan de abonda;
hoxe dez, mañán coarenta,
desfolla que te desfolla...

O corazón me arrincaras
desque as arrincaras todas?

Follas novas
Rosalía de Castro
Fotografías de Roque Soto


Comentarios

Publicacións populares