OBSTINADO EN MIN MESMO
Arquivos da infancia
Mal coñecin a sombra dos meus pasos,
lugares nun relanzo onde medrar a hedra
abeirado de chuva do tarrio con névoa
cando o outono pasaba de camiño das brañas;
obstinado en min mesmo,
no lentor da mañá
que levaba nas mans e o odor da camélia.
Aquel regueiro limpo de espadanas altivas,
as abellas saindo devagar dos cortizos
e un tecido de liño que separaba as follas;
o tédio do verao.
Todo isto recordo
como se aquela hora
contemplase ao abrigo da nogueira
ou nos ollos dun neno que amañece dormido.
O corpo e as sombras
Eusebio Lorenzo
Fotografías de Roque Soto
Fotografías de Roque Soto
Comentarios