Cítolas, arpas e garúas
Quixera tocar cítolas e arpas.
Seculares zanfonas medievaes.
Resucitalasd do impracable sono
dos vans onde adormentan esquecidas.
Concertar os violíns coas gaitas célticas
do fol celme nas lúdicas relúas,
coas músicas dos ríos e das fontes
nas vagantías airas dos ouriolos.
Acadar os estondos sin apouso
cando lle brada a entrana as altamares
nas espeluncas, seivas oceánicas,
ou nas cristas branquísimas da escuma.
Abranguer o brueiro das maraxes.
O alporizo das ondas dos peiraos
co zoar monocorde das garúas.
Orballa en tempo lento
Pura Vázquez
Fotografías de Roque Soto
Comentarios