Luz de tarde
Dáme pena pensar que algún día quererei ver de novo este espazo,
tornar a este instante.
Dáme pena soñarme rompendo as miñas ás
contra muros que alzan e impiden que poida volver encontrarme.
Estas pónlas en flor que palpitan e rachan alegres
a aparencia tranquila do aire,
esas ondas que mollan os meus pés de crocante fermosura,
o rapaz que garda na súa fronte a luz da tarde,
ese branco pano caído talvez dunhas mans,
cando xa non esperaban que un bico de amor as rozase...
Dáme pena mirar estas cousas, querer estas cousas, gardar estas cousas.
Dáme pena soñarme volvendo buscalas, volvendo buscarme,
poboando outra tarde como esta de pónlas que garde na miña alma,
aprendendo en min mesmo que un sono non pode volver outra vez a soñarse.
Alegría
José Hierro
Fotografía de Emilio Blanco
Comentarios