A rúa

É unha rúa longa e silenciosa.
Ando en tebras e tropezo e caio
e érgome e piso con pés cegos
as pedras mudas e as follas secas
e alguén detrás de min tamén as pisa:
se me deteño, detense;
se corro, corre. Volvo o rostro: ninguén.
Todo está escuro e sen saída,
e dou ser voltas e ser voltas en esquinas
que dan sempre á rúa
onde ninguén me espera nin me segue,
onde eu sigo un home que tropeza
e érguese e di ao verme: ninguén.



Octavio Paz


Fotografía de Roque Soto


Comentarios

Publicacións populares