E ficamos nós sos
sin o Mar e sin o barco
nós.
M. Antonio
Un illó de penucas grisallas
Un illó de penucas grisallas.
Un vello que rema.
Unha dorna escribindo na auga
o seu poema.
Conchas intemporais.
Gaivotas que beben a tarde.
Unha voz escorrendo polos beizos da area...
Dous soños navegando pró infinito
cunha pinga de morte en cada cella.
O sangue na paisaxe
Helena Villar Janeiro
Fotografía de Roque Soto
Comentarios