Mensaxe ás estatuas
Vós, pedras
violentamente deformadas,
escachadas
polo golpe preciso do cicel,
exhibiredes aínda durante séculos
o último perfil que vos deixaron:
seos inconmovibles a un suspiro,
firmes
pernas que descoñecen a fatiga,
músculos
tensos
no seu esforzo inútil,
cabeleiras que o vento
non despeitea,
ollos abertos que a luz rexeitan.
Pero
a vosa arrogancia
inmóbil, a vosa fría
beleza,
a desdeñosa fe do inmutable
xesto, rematarán
un día.
O tempo é máis tenaz.
A terra espera
por vós tamén.
Nela caeredes polo voso peso,
seredes,
se non cincentas,
ruínas,
po, e a vosa
soñada eternidade será a nada.
Cara á pedra regresaredes pedra,
indiferente mineral, afundido
entullo,
despois de vivir o duro, ilustre,
solemne, vitorioso, ecuestre sono
dunha gloria erixida á memoria
de algo tamén disperso no esquecemento.
violentamente deformadas,
escachadas
polo golpe preciso do cicel,
exhibiredes aínda durante séculos
o último perfil que vos deixaron:
seos inconmovibles a un suspiro,
firmes
pernas que descoñecen a fatiga,
músculos
tensos
no seu esforzo inútil,
cabeleiras que o vento
non despeitea,
ollos abertos que a luz rexeitan.
Pero
a vosa arrogancia
inmóbil, a vosa fría
beleza,
a desdeñosa fe do inmutable
xesto, rematarán
un día.
O tempo é máis tenaz.
A terra espera
por vós tamén.
Nela caeredes polo voso peso,
seredes,
se non cincentas,
ruínas,
po, e a vosa
soñada eternidade será a nada.
Cara á pedra regresaredes pedra,
indiferente mineral, afundido
entullo,
despois de vivir o duro, ilustre,
solemne, vitorioso, ecuestre sono
dunha gloria erixida á memoria
de algo tamén disperso no esquecemento.
Sen esperanza, con convencemento
Ángel González
Ángel González
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
El parque -Víctor y Diego
Comentarios