Ventá

 Un anaco de azul ten maior
intensidade que todo o ceo,
eu sinto que alí vive, a flor
da éxtase feliz, o meu anhelo.

Un vento de espíritos pasa
moi lonxe, dende a miña ventá,
dando un aire en que despeza
a súa carne unha anxelical diana.

E na alegría dos xestos,
ebrios de azur, que se verten...
sinto bulir tolos pretextos,
que estando aquí !de alá me chaman!




Alfonso Cortés 



Fotografía de Roque Soto


Comentarios

Publicacións populares