HONESTA VARONÍA

Karma
Quero unha casa edificar
como o sentido da miña vida.
Quero en pedra a miña alma deixar
erixida.

Quero labrar o meu eremitorio
no medio dun horto latino,
latín horaciano e libro máxico
bizantino.

Quero miña honesta varonía
transmitir o fillo e o neto,
renovar na vara miña
o respecto.

A miña casa como unha pirámide
ha de ser templo funerario.
O rumor que move a miña clámide
é de Terciario.

Ramón del Valle Inclán

Fotografía de Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares