Refinamento do campo

As pedras colocadas sobre pedras
e enriba dese muro primitivo
algunha oliveira branca.
Non sei por que será que certas cousas
que apenas din nada,
que ben analizadas non son cousas
dignas de nada,
causan sobre o meu ánimo un influxo
de inextinguible paz.
Diríase que sento as miñas raíces
dentro deses contornos depurados
que non son nada,
dentro desa vellez
dunha humildade tan firme
cal se unha incitación moi familiar
retivéseme alí.
Algo como unha voz que me dixese
de dentro de min mesmo:
esta fe encantadora
é a pobreza.


Juan Gil-Albert

Fotografía de Roque Soto


Banda sonora:


Caseta del Plater - Pep Laguarda & Tapinería

Comentarios

Publicacións populares