Sono para o inverno 1
a ela...
No inverno viaxaremos nun vagón de tren
con asentos azuis.
Seremos felices. Haberá un niño de bicos
oculto nos cantos.
Pecharán os seus ollos para non ver os xestos
nas últimas sombras,
eses monstros fuxidíos, multitudes escuras
de demos e lobos.
E logo na túa meixela sentirás unha rabuñadura...
un bico moi pequeno como unha araña suave
correrá polo teu colo...
E dirasme: «búscaa!» reclinando a túa cara
-e tardaremos moito en achar esa araña,
por demais indiscreta.

Arthur Rimbaud
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
The train kept a-rollin - Johnny Burnette
Comentarios