Vira a morte e terá os teus ollos
Virá a morte e terá os teus ollos,
esta morte que te acompaña desde a mañá á noite, insomne,
xorda, como un vello remorso
ou un vicio absurdo. Os teus ollos
serán unha palabra inútil,
un berro calado, un silencio.
Así os ves cada mañá,
cando te inclinas soa
sobre ti no espello. Oh, doce esperanza,
aquel día saberemos tamén nós
que es a vida e a nada.
Para todos ten a morte unha mirada.
Virá a morte e terá os teus ollos.
Será como deixar un vicio,
como ver no espello
emerxer un rostro morto,
como escoitar un beizo pechado.
Descenderemos mudos ó abismo.
Virá a morte e terá os teus ollos
Cesare Pavese
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
Verrà la morte e avrà i tuoi occhi - Gassman
Comentarios