Apuntamento de primavera no Retiro
Paxaros nas amendoeiras en flor. Violetas por todo o chan. Nos negros madeiros, os grandes lunares amarelos das grandes ramas podadas.
Ao fondo, alto de nivel, o estanque coas súas ondas rechamantes, que traen unha nostalxia do mar do sur.
A bandeira española e unha fila de lanchas verdes e amarelas contra a verde felpa da beira nova, como nun presebre de primavera.
Sobre o fondo vérdescho desta outra auga estancada, as roseiras frescas, transparentes de sol.
Soedades madrileñas
Juan Ramón Jiménez
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
Katie cruel - Bert Jansch
Comentarios