Árbore azul
Cando os teus ollos se encontran coa miña soidade
O silencio convértese en froita
E o sono en temporal
Entreábrense portas prohibidas
E Eva aprende a sufrir.
O silencio convértese en froita
E o sono en temporal
Entreábrense portas prohibidas
E Eva aprende a sufrir.
Cando a miña soidade se encontra cos teus ollos
O desexo sobe e derrámase
Ás veces marea insolente
Onda que corre sen fin
O zume que cae gota a gota
Zume máis ardente que un tormento
Inicio que nunca se cumpre.
O desexo sobe e derrámase
Ás veces marea insolente
Onda que corre sen fin
O zume que cae gota a gota
Zume máis ardente que un tormento
Inicio que nunca se cumpre.
Cando os teus ollos e a miña soidade se encontran
Entrégome núa como a chuvia
E núa como un seo soñado
Tenra como o lume que madura a viña
Múltiple entrégome
Ata que naza a árbore do teu amor
Tan alto e rebelde
Tan rebelde e tan meu
Frecha que volve ao arco
Palmeira azul cravada nas miñas nubes
Ceo crecente que nada deterá.
Entrégome núa como a chuvia
E núa como un seo soñado
Tenra como o lume que madura a viña
Múltiple entrégome
Ata que naza a árbore do teu amor
Tan alto e rebelde
Tan rebelde e tan meu
Frecha que volve ao arco
Palmeira azul cravada nas miñas nubes
Ceo crecente que nada deterá.
Yumana Haddad
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
Por tu cuerpo - Luis Pastor
Comentarios