Cantigas para amigos
Pepe Rodríguez, o da barba en flor.
cando cae a tarde colle o metro ata Sol,
sobe as escaleiras asubiando unha canción,
ollada de esguello, chega á Praza Maior.
sobe as escaleiras asubiando unha canción,
ollada de esguello, chega á Praza Maior.
Pepe Rodríguez, o da barba en flor,
é celta e árabe, ibero e español,
romántico e toureiro, guitarreiro e cantor,
de mulleres e viños moi bo catador.
é celta e árabe, ibero e español,
romántico e toureiro, guitarreiro e cantor,
de mulleres e viños moi bo catador.
Pepe Rodríguez, o da barba en flor,
do "American Pie" é gran degustador
Arco de Coiteleiros baixa con tal primor
que estranxeiras e "guiris" lle demandan amor.
do "American Pie" é gran degustador
Arco de Coiteleiros baixa con tal primor
que estranxeiras e "guiris" lle demandan amor.
Pepe Rodríguez, o da barba en flor,
sabe inglés que aprendeu de noite nun mesón.
Chega pois e sorrí, un viño e xa ligou
Oh! meu Pepe, o da barba en flor.
Chega pois e sorrí, un viño e xa ligou
Oh! meu Pepe, o da barba en flor.
Fálalles de Unamuno, de Goya e de Colón,
de Segovia e Toledo, de praias e de sol
e de Pablo Guerrero, por aquilo do folk.
Bo, isto derradeiro inventeimo eu.
de Segovia e Toledo, de praias e de sol
e de Pablo Guerrero, por aquilo do folk.
Bo, isto derradeiro inventeimo eu.
Pepe Rodríguez, o da barba en flor,
leva súas "guiris" a un piso coqueto,
e despois dunhas copas o que alí sucedeu
nin o contas as crónicas, nin o contarei eu.
leva súas "guiris" a un piso coqueto,
e despois dunhas copas o que alí sucedeu
nin o contas as crónicas, nin o contarei eu.
Pepe Rodríguez, o da barba en flor,
pórtase como o que é, un lexítimo español,
e regálalles un sombreiro cordobés, como non,
e unhas cantas postais de Madrid con amor.
pórtase como o que é, un lexítimo español,
e regálalles un sombreiro cordobés, como non,
e unhas cantas postais de Madrid con amor.
Oh! meu Pepe, o da barba en flor,
teus amigos envéxante pola túa liberación,
vives como en Europa e salvas a tradición:
que os séculos te canten, como che canto eu.
teus amigos envéxante pola túa liberación,
vives como en Europa e salvas a tradición:
que os séculos te canten, como che canto eu.
Pepe Rodríguez, el de la barba en flor
Pablo Guerrero
Do LP: A cántaros (1972). Tamén en Pablo Guerrero en El Olympia (1975) y Sus 20 mejores canciones (2003)
Fotografías de © Roque Soto
Comentarios