Era polo inverno, inverno
Sorbo a sorbo... amodiño!
nos labios o bico do viño.
Paso a paso sen perder o paso,
faise camiño con tino,
alóngase o momento,
detense o tempo.
Zoa o vento fora,
co inverno na boca.
Xea e neva... hoxe,
neva e xea coma onte...
... E na lareira, ó quente,
a xente ca mirada ausente
pérdese en amores co lume.
Por debaixo da ponte vella de ferro,
levando os silencios da noite,
camiña sen ruido, o río
cara ó infinito do mar.
E queda, inda na lareira,
aquela brasa que hoxe me mira
e, sen apagarse, me fala
que hai poesía e vida
cando hai unha mirada
en amores prendida
e unha brasa encendida.
Xaneiro do 2007
Hilario González Fernández
Fotografías de ® Emilio Blanco
Comentarios