Lecer

Gavotas que levan no peteiro
as cartas dos mariñeiros namorados
Vapores burgueses
que nos ofrecen o remborque do seu fume
Pero as nosas velas encalmadas
espantan a bandazos
as horas como moscas 
Vigo está tan lonxe
que se desorientaron as cartas mariñas 
Unha pipa mais
de vagar
deica ver a hora que dá o reloxe 
Entra unha fría de vento?
- moi ben! 
Enrolarase a pausa
nas súas espiraes 
E non sabemos
(abonda xa de parénteses)
engadirnos outra volta
a todo eso que se nos esquenceu.

De catro a catro
Manuel Antonio

Fotografías de Roque Soto



Banda sonora:


Xorima - Xorima


Comentarios

Publicacións populares