Os pasos de novembro

Baixo a leve néboa de novembro
choven follas nesta rúa anónima,
sen nome para min que a paseo
en busca dun diario e dun café.

Aos lados observo casas baixas
cos xardíns pechados cuxos muros
son manchas encarnadas pola hedra
baixo a leve néboa de novembro.

Bate o vento as árbores. Os meus pasos
percorren as baldosas amarelas
mentres ninguén se cruza no meu camiño.

Non é esta a cidade que aí fora clama
nin eu na miña soidade, o que cría.
Cambia a paisaxe e todo dentro cambia.

Superponse ao noso labirinto
outro no que de novo nos perdemos.
Cesan as referencias. Limítome
a deixas que a angosta rúa esgote
a súa parte de destino.



Dende fóra. Poema incluido no disco Luz de terra, de Pablo Guerrero.
Álvaro Valverde (Plasencia -Cáceres-, 1959)


Fotografía de Roque Soto



Banda sonora:

http://www.myspace.com/luzdetierra/music/songs/por-la-calle-del-aire-39988490

Por la calle del aire - Pablo Guerrero

Comentarios

Publicacións populares