Outros enfoques
Produce ledicia atoparse con xente coñecida á que non ves dende hai tempo. Sobre todo cando aprecias que esa persoa mantén intacta a personalidade pola que a admiras. Luis Davila (Bueu, 1972) inauguraba esta mañá a súa exposición Entre liñas, no edificio da Xunta de Galicia en Vigo, onde permanece aberta ata o 25 de xaneiro de 2012.
Coñezo a súa faceta de debuxante, non esquezo a de humorista e agora encontrome coa de pintor, aínda que tamén coñecin a de compañeiro de traballo sempre atento e xeneroso. Polo tanto rompo unha lanza ao seu favor e animo a que visiteis a exposición na que Davila "transportanos por un mundo de cor, forma, sons e trazos dinámicos e estructurados, organizados de finalmente compostos para o deleite visual".
Entrevista:
Comentarios