Ao sono
Suave embalsamador da ríxida media noite,
que pechas con coidadosos dedos
os nosos ollos que ansían ocultarse da luz,
envolvidos na penumbra dun esquecemento celestial;
oh doce sono, se así te prace, pecha,
no medio do teu canto, os meus ollos anhelantes,
ou agarda o 'Así sexa', ata que a túa papoula
derrame sobre o meu leito os dons do teu arrolo.
Líbrame, pois, ou o día que se foi volverá
a iluminar a miña almofada, xerando aflicións;
da conciencia líbrame, que impón, inquisitiva,
a súa vontade no escuro, furgando como unha toupa;
xira ben, coa chave, os peches engraxados,
e sela así a furna silenciosa do meu espírito.
John Keats
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
Comentarios