LOMBAS TENRAS

Cumio

Firme, baixo o meu pé, certa e segura,
de pedra e música téñote;
non como entón, cando a cada instante
erguíaste do meu sono.
Agora podo tocar as túas lombas tenras,
o verde fresco das túas augas.
Agora estamos, de novo, fronte a fronte
como dous vellos camaradas.
Nova canción con novos instrumentos.
Cantas, dórmesme e arrólasme.
Fas eternidade do meu pasado.
E logo o tempo íspese.
Cantarche, abrir o cárcere onde espera
tanta paixón acumulada!
E ver perderse a nosa antiga imaxe
arrebatada pola auga.
Firme, baixo o meu pé, certa e segura,
de pedra e música téñote.
Señor, Señor, Señor: todo o mesmo.
Pero, que fixeches do meu tempo?



Terra sen nós
José Hierro

Fotografía de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares