O home invisible


Mírase no espello que xa non o reflicte,

todo, menos el, aparece na fría superficie,
o cuarto, mobles e cadros, a variable luz do día.
Así aprende, con terror silencioso, a verse,
non nos xestos teatrais? aínda trazos humanos? da morte,
senón nos días de despois, no baleiro da nada.
Inútil pechar os ollos, estúpido romper o testán espello,
buscar outro máis fiel ou máis amable.
É el, só o home invisible, o que desaparece,
é só el, unha pegada borrada,
que non contempla a ninguén, porque é ninguén,
a nada no cristal indiferente da vida.


Leopoldo María Panero


Fotografía de Roque Soto




Comentarios

Publicacións populares