Aldea en paz de praias e gaivotas

Ese duro metal que se alborea
pola banda do mar cando adormenta.
Esa onda que sube preguicente.
Ese azul. Este sámago. Esta brea.

Esta sálvea. Este olor. Esta presea
da orballada brillando. A morriñenta
voz mariña en remansos. A cincenta
luz que o día debuxa pola aldea.

Aldea en paz de praias e gaivotas
que me descansa os ollos. Que me adoita
a soñar dornas. Vagas singladuras.

Un universo libre, illas ignotas.
Esta canción do corazón. Escoita
este intre que en belezas se conxura.



Un interior sorriso
Pura Vázquez

Fotografía de Roque Soto



Banda sonora:


Seagull - Bad Company

Comentarios

Publicacións populares