Canción de rúa
se o deixan saír é porque é coma todos
e hai xente pola rúa que estivo en prisión.
e tanto nos ten se chove ou loce o sol.
É unha ledicia atopar nas avenidas xente que fala
e falar sós, abordando rapazas a empurróns.
É unha ledicia asubiar nos portais agardando rapazas
e abrazalas pola rúa e levalas ó cine
e fumar ás agachadas, recostados nos fermosos xeonllos.
e de noite na cama, sentindo botarse ó pescozo
os dous brazos que nos abaixan, pensar na mañá
en que volveremos saír de prisión ó frescor do sol.
e mirar rinndo os transeúntes que pasan
e que gozan todos -mesmo os feos- de sentirse na rúa.
Da mañá á noite cantar borrachos
e atopar borrachos e iniciar discursos
que duren moito tempo e nos causen sede.
A todos eses individuos que van falando eles sós,
querémolos á noite con nós, pechados no fondo da taberna,
e acompañalos coa nosa guitarra
que salta borracha e xa non está encerrada,
senón que abre as portas de par en par para ecoar no aire,
chova fóra auga ou estrelas. Tanto ten se as avenidas
a esta hora xa non teñen rapazas fermosas paseando:
nós atoparemos o borracho que ri só
porque tamén el saíu de prisión esta noite,
e con el, facendo balbordo e cantando, faremos mañá.
Cesare Pavese
Fotografías de © Roque Soto
Comentarios