Os cóbados no barandal

Atopamos esta madrugarada
na gayola do Mar
unha illa perdida

Armaremos de novo a gayola
Vai a sair o Sol
improvisado e dosourentado

Xa temos tantas estrelas
e tantas luas sumisas
que non caben no barco nin na noite

Xuntaremos paxaros sin xeografía
pra xogar cas distanzas
d'as suas áas amplexadoras

E os adeuses das nubes
mudos e irremediabes

E armaremos unha rede de ronseles
pra recobrar as saudades
co seu viaxe feito
polos oucéanos do noso corazón.


De catro a catro
Manuel Antonio


No porto de noite 2. Fotografía de Roque Soto

Banda sonora:

Unha noite - Xorima

Comentarios

Publicacións populares