Blues da casa

Na miña casa están baleiras as paredes
e eu sufro mirando o cal frío.
A miña casa ten portas e ventás:
non podo soportar tanto burato.
Aquí vive a miña nai coas súas lentes.
Aquí está a miña muller cos seus cabelos.
Aquí viven as miñas fillas cos seus ollos.
Por que sufro mirando as paredes?
O mundo é grande. Dentro dunha casa
non caberá nunca. O mundo é grande.
Dentro dunha casa -o mundo é grande-
non é bo que haxa tanto sufrimento.


Antonio Gamoneda


Fotografía de Roque Soto


Banda sonora:

A House Is Not A Motel - Love

Comentarios

Publicacións populares