A casa pantasma
Habito, seino, nunha solitaria casa
Que hai moitos veráns desapareceu,
Salvo as paredes do soto ningún rastro deixou,
Muros onde se abate a luz do día,
Onde os amorodos salvaxes se arrastran.
Sobre os valos arruinados as vides ocúltana
Do bosque, volvendo ao campo fértil;
Pois a árbore do horto cultivou un bosque
Onde axita os brazos o carpinteiro e corta a súa madeira;
Andando para ben o sendeiro que baixa.
Habito cunha estraña dor no corazón,
Naquela morada desaparecida sen un rumor,
Sobre aquel camiño perdido e esquecido,
Que nin sequera é refuxio de lagartos.
Chega a noite, os morcegos caen cos seus dardos;
A ave nocturna chega para silenciar
Os sons e a axitación do ceo:
Óioo comezar lonxe, moi lonxe,
Balbucindo moitas veces o seu dicir,
Antes de que el arribe, sen outra cousa que calar.
É baixo a pequena, débil, estrela estival,
Pero nada sei sobre a muda multitude
Que comparte as penumbras xunto a min,
Aquelas sombras baixo a árbore escura
Sen dúbida levan nomes ocultos no mofo.
Aínda que dous, os máis próximos, son home e muller,
Ningún entre eles se atreve a cantar,
E a pesar de estar rodeado de soidade,
Como doce compañeiros persisten neste lugar.
A Boy's Will
Robert Frost
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
The Dangling Conversation - Simon & Garfunkel
Comentarios