Centenario de Celso Emilio Ferreiro
A nena afogada
Un bruar de cidade sulagada
metéuselle nos ollos
e baixou pola ialba
coma un lonxano fume de gueivotas
do derradeiro rumbo das chalanas.
un sono longuísimo.
Berros na luz. Campanas nas escumas,
labres de sal e vento. Na boca
unha branda dozura.
As outas nubes
tornasolan alá lonxe as dunas.
A nena está durmindo
un sono longuísimo.
Púxose azul o mar. O vento verde
levaba nas súas maus escuras meles
de boscos e pinares
e de seves.
A nena está durmindo
un sono longuísimo.
Fíxose o ceo mar e na distancia
naceu a noite
coma unha frol doente e vaga.
A nena está durmindo
un sono longuísimo
sobre a paisaxe verde.
Que ninguén a desperte.
Viaxe ao país dos ananos
Celso Emilio Ferreiro
Fotografía de Roque Soto
Comentarios