Eu sinto que algo falta...
Eu sinto que algo falta no que eu son,
algo que nin eu sei,
algo que sempre esbara e se me vai...
Sempre me vexo nunha praia aberta
con outra veira lonxe,
alá onde nada podo dar por meu.
Lonxe, moi lonxe, teño a outraorela,
alí onde todo se me fai misterio,
alá onde nin eu mesmo me acheguei...
As veces vólvome unha agarda longa,
un debecer por algo que presinto,`
por algo meu que non sabe ben...
¿Qué puido ser o que eu perdín antonte,
iso que falta aínda
pra que eu atope o eido meu en min?
Eu ando sempre a volta, sin abeiro,
i estou tan perto, tan ó pé de min,
que eu xa non sei quén son!
E a pouco que me achegue ó meu misterio,
todo se choe en min,
todo se volve alleo e nada sei...
Xosé Luis Franco Grande
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
She's A Love - Barry Melton
Comentarios