A miña vida nada será se non é xunto ao río
Río e morte
Buwayb...
Buwayb...
Campás dunha torre que se perde no fondo do mar.
A auga nas xerras, o ocaso nas árbores,
verten as xerras campás de chuvia,
o seu cristal fúndese nun xemido
"Buwayb...Buwayb"
Escurécese no meu sangue a nostalxia
por ti, oh, Buwayb!
Oh, o meu río triste como a chuvia!
Desexaría correr nas tebras,
apertar os meus puños que levan os desexos dun ano
en cada dedo coma se eu levase ofrendas
cara a ti de trigo e flor.
Desexaría dominar os cumes dos outeiros
para ver a lúa
como penetra entre as túas beiras, esparexe sombras
e enche os cestos
de auga, peixes e flores.
Quixera internarme en ti, perseguir a lúa,
oír aos seixos tintinar ao teu paso na quietude
co piar de miles de paxaros sobre as árbores.
Bosque de bágoas es ti ou río?
Os peixes velan, dormen á alba?
E estas estrelas, seguen esperando
alimentar con seda a miles de agullas?
E ti Buwayb...
Quixera afogarme en ti, recoller madreperlas
para levantar con elas unha casa
que iluminase xunto ao verdor das augas e as árbores
a luz que derraman as estrelas e a lúa,
mentres inmerso en ti vou á alba coa baixa mar cara ao mar.
Pois a morte é un mundo misterioso que seduce os pequenos,
e a súa porta oculta está en ti, Buwayb.
Buwayb... Buwayb!
Vinte anos pasaron, como séculos cada ano.
Hoxe, cando envolven as tebras
e repouso no leito sen durmir
e agudizo os sentidos: árbore á alba
cheo de ramas, paxaros e froitos alerta,
sinto que o sangue e as bágoas como a chuvia
derrámaas o mundo triste:
campás de mortos nas miñas veas estremecen ao choro,
se densa no meu sangue a nostalxia
por unha bala cuxo xeo repentino atravesa
as entrañas do meu peito coma se o inferno queimase os meus ósos.
Quixera correr a axudar aos combatentes,
apertar os meus puños, losquear ao destino.
Quixera afogarme no meu sangue ata o abismo
para levar a carga do mundo xunto á humanidade
e resucitar a vida. A miña morte é vitoria!

Bad Shakir Al Sayyab
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
Moon River - Jane Monheit
Comentarios