Paisaxe con autor
Viviu unha escenografía de libros abandonados,
un televisor acendido despois da transmisión
e cigarros sen rematar.
Procuraba mirar de fronte os obxectos:
as roturas do asfalto ou as plantas dun acuario.
Pensou nos obxectos, soñou con obxectos,
viviu rodeado de obxectos sen tradución.
O mal e o ben non parecen distintos detrás
dun vidro tan nítido.
Agora pensa que o mundo está arranxado
de acordo con certos propósitos.
E máis alá deles os obxectos destínguense sen obxecto.
O mundo réndese deste xeito e un sorrí
sen entender en que consiste o triunfo,
mentres o sol brilla sobre unha botella nos teitos
ou escoita os trens ou a chuvia
que volve caer onde caera e agrega fungos, óxido, humidade, certos cheiros
a unha paisaxe que non obstante non remata de explicarse.

Jorge Aulicinio
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
En mi memoria - Francisca Valenzuela
Comentarios